domingo, 4 de noviembre de 2012

Como documentar contidos alleos


El síndrome de inmunodeficiencia social


Resumen
Este texto de José Antonio Marina publicado en El Mundo o 25/03/2012 reflexa á perfección o malestar que padecen as sociedades actuais, o que o autor chama síndrome de inmunodeficiencia social. Isto consiste na incapacidade da poboación de defenderse de certos axentes patóxenos, como a corrupción, a falta de compromiso político… A xente está tan acostumada a estas “enfermidades” que se fomenta un descontento e pasividade xerais.
José Antonio Marina propón como antídotos o castigo exemplar e pensamento crítico (“Votar siempre al mismo partido, haga lo que haga, no es una muestra de sensatez política”.) para fortalecer o sistema social. Ademais, se empregamos o “fármaco” máis efectivo, a repulsa social, podemos estar seguros que o virus rematará por extinguirse.


Identificar palabras, expresións e/ou ideas que aparezan no texto e que permitan ampliar a documentación para comprender, contextualizar e argumentar sobre eses aspectos que sinalamos tras a lectura.

-          Síndrome de inmunodeficiencia

-          Patoloxía
-          Casos delictivos no mundo político
-          Pensamento crítico
-          Intolerancia/Tolerancia
-          Democracia
-          Estado de dereito
-          Repulsa social

      Referenciar as fontes que nos parezan máis remarcables e que completen a nosa dimensión documental. Razoando a selección das mesmas e destacando a relación cos asuntos significativos elixidos por cada persoa.

Temos que partir cunha breve idea de quen é o autor. Por iso, o primeiro enlace levanos a biografía de José Antonio Marina.
Dado que o texto céntrase en falar dos males da sociedade, débese estar ben documentados sobre termos tan imprescindibles para a comprensión, como democracia ou Estado de dereito.

A partir dun diccionario especializado en medicina podemos saber con precisión que é unha patoloxía ou demais tecnicimos propios do campo da saúde.

Aportación de ideas propias sobre os elementos seleccionados e  que sometestes a investigación.
Tal como escribiu José Antonio Marina no texto aquí analizado, a sociedade ten un problema. Estamos rodeados de certos virus que nos últimos anos levan acrecentado a situación de malestar xeral.
Cada día, o ler un xornal, vemos casos de corrupción, de tramas políticas, de pactos ilícitos entre as grandes entes do país. Tal é a frecuencia destes feitos, que xa nos estamos empezando a acostumar. Isto ten como consecuencia a pasividade cidadá. Para que chame a nosa atención, o suceso ten que ser cada vez máis "catastrófico".
Debemos rematar con esa pasividade. Tal como afirma José A. Marina, temos que exercer repulsión social, deixar de aplaudirlle aos grandes dirixentes, conseguir unha xustiza eficiente e igualitaria. Unha vez logrado,  o cambio das sociedades estará en marcha.








lunes, 22 de octubre de 2012

Documentación.

O termo documentación consiste en reunir, abrir e facer útiles documentos de calquera tipo. Pescuda as necesidades informativas dun usuario concreto e intenta satisfacelas con precisión.
É unha disciplina instrumental que sirve ás demais ciencias para localizar a información necesaria no avance do coñecemento. É ciencia e técnica (disciplina científica e disciplina instrumental).
Ocúpase da organización e xestión dos centros nos que se desenvolven estas operacións.
Documentarse é saber buscar, identificar, seleccionar e clasificar.

Paul Otlet, un dos pais da documentación, establece como fins da documentación:
                                                     -Analizar e ordenar todos os documentos adquiridos para recuperalos.
                                                     -Xerar documentos secundarios (bibliografía).
                                                     -Conservar todo o pensamento humano.
                                                     -Realizar o proceso con rapidez.
BREVE HISTORIA:
-No século VIII os árabes introduciron o papel en Europa. Un dos logros máis importantes foi a invención da imprenta (Gutemberg).
-Entre os séculos XV-XVI creáronse as universidades, que se convertiron en puntos de difusión da cultura.  A corrente do momento é o humanismo, onde o home é o centro do mundo. Nesta época había unha maior producción de libros.
-No século XVII comezaron a aparecer as primeiras revistas científicas.
-O século XVIII ou o Século das Luces caracterizouse porque se comezaron a crear as primeiras bibliografías para xestionar así o descontrol das publicacións.

Polo tanto, as bibliografías teñen os seus orixes no Século das Luces.
As bibliografías funcionan como puntos de información que poñen á disposición dos usuarios o fondo almacenado.
Paul Otlet e Henry La Fontaine son os fundadores do Instituto Internacional de Bibliografía.
Otlet xa anticipou no seu tempo a idea dunha "rede de redes", dunha rede universal de información e documentación.


HIPERTEXTO
O hipertexto é tan antigo coma a documentación, pero sen embargo, ten un funcionamento recente.
A tecnoloxía hipertextual ten a súa orixe na escritura.
En 1954 produciuse a primeira experiencia de xeración de textos mediante o ordenador, a chamada literatura asistida. Esta literatura era producida polo ordenador despois de facilitarlles léxicos e textos preestablecidos.
Comezaron a usarse programas hipertextuales que enlazan textos mediante vínculos (marcas...) que poden ir variando a medida que os textos cambian. Os enlaces poden conter información sonora ou gráfica, de forma que o autor pode construír un sistema hipermediático aberto, onde a escritura é combinada con imaxen e son.
A literatura sempre actuou como un sistema hipermediático.

Amat afirma que a tecnoloxía do hipertexto pode crear un hiperespacio capaz de permitir a converxencia das distintas expresións artísticas, pero tamén corre o risco de quedar limitado en si mesmo. O autor está máis interesado no diseño dos pasos de navegación que no estilo da súa escritura.
Como exemplo de ficción hipertextual temos a hiperficción explorativa e a hiperficción constructiva.
A hiperficción explorativa consta de "links" rudimentarios para distraer a atención da historia principal con información periférica. Isto débese a que a historia principal está redactada de modo lineal. Ten que mirar cara a literatura de vanguardia, intentando superar as limitacións da páxina escrita. Só o autor é quen de modificar os textos de forma permanente. Os riscos e dificultades da hiperficción son superables si se toma conciencia das vantaxas e carencias do medio hipertextual.

A tradución é a forma de relacionar textos dende a orixe ao final, mediante mecanismos de transferencia, descodificadores e codificadores. Dende os 40 xa se fala de "máquinas de traducir", tradución automática e tradución asistida por ordenador.
Na tradución literaria o autor orixinal é desplazado polo traductor, xa que este tipo de tradución implica unha recreación.


Na documentación todo son textos que se traducen entre si nunha situación espacio temporal que varía continuamente.
A tradución asistida por ordenador poderá facer un uso importante do hipertexto, en canto este se basee na construción dunha compleza estructura de enlaces que poden remitirnos á lingua, cultura en sentido amplo e a frecuencia coa que os elementos se usan, se repiten.
Dende o punto de vista hipertextual, todo texto é unha versión manipulable e traducible.
A documentación é, dende o punto de vista hipertextual, o establecemento de enlaces a partir do dispoñible, e na última fase, é a introdución de novos elementos vinculados.
Sen a documentación axeitada estaremos no risco de duplicar o que xa está feito.
Se todo o dispoñible non está interconectado, pode que non sexa accesible.
A información pertinente fíltrase no medio electrónico con palabras clave asignadas aos bloques textuais e aos seus enlaces.
Os hipermedios, combinados con axentes informativos, cambiarán a forma na que vemos os textos (a nosa forma de pensar sobre a súa composición).
Escribir co uso de programas hipertextuais convertiuse nalgo tridimensional. As figuras do discurso poderán facerse visibles, con cor e son.
A biblioteca electrónica ten un contido escrito, textual e hipertextual, almacenado en discos e compartido por calquera persoa en calquera parte do mundo.
A biblioteca do futuro recolle nunha pantalla todos os espazos, onde todo o escrito pode ser convocado, reunido, lido e relacionado. Pode ser liberado da textualidade que impoñía o ordex.

Apenas existen diferencuas entre unha biblioteca especializada e un centro de documentación. Habitualmente ambos teñen un sistema de xestión informático, traballan con bases de datos propias e externas..
Mais no caso dos centros de documentación de información actuais si existen certas peculiaridades que diferencias estes centros de documentación dunha biblioteca especializada.

  • Soportes documentais: os centros de documentación traballan cuns soportes de carácter técnico e científico, non habituais nas bibliotecas especializadas. A imaxe ou o son ocupan o lugar principal, mentras que ese lugar nas bibliotecas ocúpano o papel e os CD-ROM.
  • Vixencia informativa: na actualidade, a vixencia da información é efímera nos medios de comunicación. Unha noticia deixa de ter vixencia aos tres días, mentras que nunha biblioteca especializada as investigacións teñen unha pervivencia de un ou dous anos.
  • Tratamento documental: nos centros de documentación non existe unha normalización real no tratamento documental para o intercambio, como si sucede nas bibliotecas.
  • Demandas informativas: a necesidade do centro de documentación de adecuarse ó medio o que presta o seu servicio fai que o tratamento documental da información se libere de normalizacións e realice un servizo de documentación persoal.
  • Compoñente económico: as bibliotecas especializadas son de capital público e non sufren a necesidade de rentabilización da información que se dá nas empresas informativas.

PALABRAS CLAVE

Documentación-Ciencia-Técnica-Buscar-Seleccionar-Clasificar-Identificar-Analizar-Ordenar-Bibliografía-Imprenta-Universidade-Instituto Nacional Bibliografía-Sistema hipermediático-Hiperespacio-Hiperficción explorativa-Tradución-Tridimensional-Biblioteca electrónica-Textualidade.

MAPA CONCEPTUAL

Documentación ---> buscar, identificar, seleccionar e clasificar información.
  
Fins da documentación:
  1. Analizar e ordenar todos os documetnos adquiridos.
  2. Xerar documentos secundarios-> Bibliografía
  3. Rapidez no proceso
  4. Conservar todo o pensamento humano                  



  • 1954--> primeira experiencia de xeración de textos mediante o ordenador (Literatura Asistida). Creada a partir de léxico preestablecido.
  • Programas hipertextuales cos que o autor pode construir sistemas hipermediáticos abertos.
  • Hiperespacio: permite a converxencia das distintas expresións artísticas.
  • Tradución: relaciona textos dende o comezo ao final.
  • Se todo o dispoñible non está interconectado, pode que non sexa accesible.
  • A información  fíltrase no medio electrónico con palabras clave asignadas aos bloques textuais.
  • Hipermedios, combinados con axentes informativos, cambiarán a forma na que vemos os textos.
  • Biblioteca electrónica --> contido escrito, textual e hipertextual, almacenado en discos e compartido por calquera persoa en calquera parte do mundo.